Este mércores visitounos o pai de Sara, Quique. El adoita dar paseos e recoller pedras nas praias onde van, as pedras máis diferentes e estrañas.
Trouxo dúas bolsas cheas delas para que nós falasemos con elas...
1º - Escoitamos e falamos coa pedra.
2º - Idea... "Esta pedra recórdame a..."
3º- Bonitas eh!!!
Moitas grazas Quique! Coas cousas cotiás e coa imaxinación podemos facer grandes obras de arte!
LETRAS GALEGAS 2012: V. PAZ ANDRADE
Xogo de tarxetas
Fixemos un xogo de tarxetas de animais. Debemos adiviñar as parellas correctas. Todo en galego, castelán e inglés... Para que vexan os compañeiros italianos e polacos que avanzamos coa teacher!
Todas as cartas feitas por nós |
A xirafa |
Buscamos en Internet imaxes destes animais que fixemos en parellas |
Comezamos a xogar? |
Aínda que non serve para camiñar, chámase Bastón. Que será?
VISITA AO ACUARIO
1º A e 1ºB achegámonos antonte ao Acuario da cidade.
Foi un día chuvioso e ventoso pero aprendimos moito do que hai baixo o mar!
1º A e 1ºB achegámonos antonte ao Acuario da cidade.
Foi un día chuvioso e ventoso pero aprendimos moito do que hai baixo o mar!
Que entendes por SAÚDE?
Bárbara axudounos a recordar a pirámide alimenticia, os hábitos de hixiene propia e do cole, como levar a mochila para non mancar as costas, como...
Esta semana faremos un percorrido polos hábitos dos compañeiros.
Para nós, ter saúde é...
- Estar limpo e alimentado.
- Ter familia e xente que nos quere e nos da moito cariño.
- Querérmonos a nós mesmos aínda que sabemos que non somos perfectos.
Arte abstracta: proxecto "Emoción"
A R T I S T A S
Durante as pasadas semanas puxemos en práctica o noso proxecto "Emoción".
Despois de ler sobre Picasso, Miró, Dalí... e as sensacións que nos transmitían as súas obras,creamos nós a nosa propia galería da arte-emoción.
Sala de exposicións:
Aula 1ºB CEIP Curros Enríquez A Coruña
1º Andar
A entrada é de balde ;-)
VIVE EN UNA PIÑA Y DEBAJO DEL MAR...
Preparando o entroido...!!!
Recordarvos que esta vindeira semana que comeza... O luns xa preparados coas gafas!!!
Que pasedes unha boa fin de semana recabando información sobre estas festas na casa namentres decoramos as planchas de cartón!
Recordarvos que esta vindeira semana que comeza... O luns xa preparados coas gafas!!!
Que pasedes unha boa fin de semana recabando información sobre estas festas na casa namentres decoramos as planchas de cartón!
DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA 2012
Hoxe, toda a escola imos celebrar o día adicado á Paz para que non ocorran...
- Nenos combatindo en guerras.
- Loitas por crenzas do tipo que sexan.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)