Este mércores visitounos o pai de Sara, Quique. El adoita dar paseos e recoller pedras nas praias onde van, as pedras máis diferentes e estrañas.
Trouxo dúas bolsas cheas delas para que nós falasemos con elas...
1º - Escoitamos e falamos coa pedra.
2º - Idea... "Esta pedra recórdame a..."
3º- Bonitas eh!!!
Moitas grazas Quique! Coas cousas cotiás e coa imaxinación podemos facer grandes obras de arte!
.
Blog educativo.
LETRAS GALEGAS 2012: V. PAZ ANDRADE
Xogo de tarxetas
Fixemos un xogo de tarxetas de animais. Debemos adiviñar as parellas correctas. Todo en galego, castelán e inglés... Para que vexan os compañeiros italianos e polacos que avanzamos coa teacher!
Todas as cartas feitas por nós |
A xirafa |
Buscamos en Internet imaxes destes animais que fixemos en parellas |
Comezamos a xogar? |
Aínda que non serve para camiñar, chámase Bastón. Que será?
VISITA AO ACUARIO
1º A e 1ºB achegámonos antonte ao Acuario da cidade.
Foi un día chuvioso e ventoso pero aprendimos moito do que hai baixo o mar!
1º A e 1ºB achegámonos antonte ao Acuario da cidade.
Foi un día chuvioso e ventoso pero aprendimos moito do que hai baixo o mar!
Que entendes por SAÚDE?
Bárbara axudounos a recordar a pirámide alimenticia, os hábitos de hixiene propia e do cole, como levar a mochila para non mancar as costas, como...
Esta semana faremos un percorrido polos hábitos dos compañeiros.
Para nós, ter saúde é...
- Estar limpo e alimentado.
- Ter familia e xente que nos quere e nos da moito cariño.
- Querérmonos a nós mesmos aínda que sabemos que non somos perfectos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)